Igrexas

Con máis de mil anos de antigüidade, temos igrexas que son reliquias vivas do pasado, representativas de estilos como o románico. Ese é o caso da Igrexa de San Pedro de Angoares, que polas súas características é única en Galicia e só atopamos unha similar, con planta de cruz latina e ábsida rectangular en Zamora. Un dos seus elementos máis singulares son os cazorros que podes contemplar ao redor da construción, cabezas da animais como lobos, touros ou felinos. O mosteiro beneditino data da segunda metade do século XII. Deste mesmo estilo son as Igrexas de San Estevo de Cumiar, San Salvador de Padróns e San Cibrán de Paredes.

Algúns dos templos presentan singularidades que merece a pena que as vexas cos teus propios ollos como o mural polícromo do século XVI de 48 metros cadrados da Igrexa San Nicolao de Prado que representa diferentes escenas da vida de Cristo, dende o nacemento ata a súa resurrección.

Igrexa de San Pedro de Angoares
Igrexa de San Salvador de Padróns
Igrexa de San Cibrán de Paredes
Igrexa de Santo Estevo de Cumiar
Igrexa de Santa María de Areas
Igrexa de Santa Mariña de Pías
Igrexa San Nicolao de Prado
Igrexa de San Martiño de Moreira

Igrexas románicas

O románico é un estilo artístico que nace na Europa dos séculos XI e XII cunha linguaxe artística unitaria e internacional, conxugándose a variedade e multiplicidade segundo os países e rexións. Este estilo alcanzou un extraordinario desenvolvemento en toda Galicia, sobre todo a partir do segundo cuarto do século XI, é dicir, tras a finalización da Catedral de Santiago.

No municipio de Ponteareas existen diversas igrexas que conservan aínda vestixios da súa construción en época románica.

Outras igrexas

Goza destas igresas con características arquitectónicas únicas e interesantisimas.