Roteiros

Paso a paso poderás coñecer unha Ponteareas diferente, apegada á terra e á natureza. Onde os bosques, os ríos, as montañas e os vestixios do noso pasado reviven para que liberes a túa mente e vivas unha experiencia única. Temos unha ruta que se adapta a cada un dos teus gustos e apetencias: máis esixentes e longos para que ademais de desfrutar da paisaxe tamén fagas un pouco de deporte e outros máis cómodos e aptos para todas as idades, para ir a pé ou en bicicleta. Descobre a riqueza dalgunha das nosas sendas pero atrévete tamén a deixar o mapa e a perderte polos múltiples sendeiros que temos nas nosas zonas verdes.